CURSO "OS TEMAS DA ARTE": O MODERNISMO

Martes, do 23.04.2024 - 04.06.2024.
-
11:30 - 12:30h - PRAZAS AGOTADAS
Sentímolo ... Este formulario está pechado a novos envíos.
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Monitor:
Alberto Fuentes Valcárcel
Público:
Adulto
Prazas:
Limitadas, previa inscrición
Prezo:
15,00€ (Amigos Museo 10,00€)
Lugar:
Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

Novo curso do ciclo "Os temas da arte": O modernismo, un estilo para unha nova cidade, un percorrido pola historia da arquitectura modernista, as súas influencias e o seu nacemento nas distintas escolas europeas e a súa difusión internacional. O novo estilo non tarda moito en chegar a Galicia, onde atopará na Coruña a súa mellor incubadora.

O curso termina cunha visita guiada de dúas horas por algúns dos principais expoñentes do modernismo coruñés, desde a praza Galicia ata Porta Real, onde poderemos contemplar todo o aprendido ao longo das sesións.

Datas: Martes, do 23 de abril ao 4 de xuño de 2024.

Horario: 11:30 a 12:30 h (agás o 4 de xuño, de 11:30 a 13:30 h).

Lugar: Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña


Programación

23 de Abril - Sesión 1: O nacemento do modernismo.
30 de Abril - Sesión 2: A arquitectura modernista en España.
7 de Maio - Sesión 3: O modernismo en Galicia 1. Arquitectura.
14 de Maio - Sesión 4: O modernismo en Galicia 2. Pintura e escultura.
21 de Maio - Sesión 5: A arquitectura modernista en A Coruña.
28 de Maio - Sesión 6: Paseo (virtual) en tranvía de A Coruña a Sada.
4 de Xuño - Sesión 7: Visita guiada polos principais expoñentes do modernismo coruñés.


Desenvolvemento do curso

Curso de 7 sesións. 
Duración estimada 1h. A sesión 7 (visita guiada) terá unha duración de 2h.

Aulas teóricas acompañadas de imaxes, formato visual mediante proxección e unha visita guiada.


ALBERTO FUENTES VALCÁRCEL. Master en Arquitectura pola ETSAC. Ten marcha o proxecto de investigación, gráfico e de difusión ART-NOUVEAU CORUÑA, un punto de vista de arquitecto sobre o patrimonio modernista coruñés. É cofundador de COHR ARQUITECTOS, unha estructura colaborativa de arquitectos co obxectivo de recuperar o patrimonio arquitectónico desde a perspectiva da arquitectura emocional. Gañador de diversos concursos de proxectos arquitectónicos e de deseño gráfico a nivel nacional e internacional.

Inscrición:
  • Reserva de praza:

Inscrición online exclusivamente mediante o formulario dispoñible nesta páxina, a partir do mércores 10 de abril ás 10 horas.

  • Pago da matrícula:

Unha vez confirmada a praza por email, efectuar o pago da matrícula ingresando o importe no número de conta (ABANCA ES12 2080 0000 7030 4014 7145) e enviar o resgardo do pago ao email actividades.museobelasartes.coruna@xunta.gal, ou ben entregalo no propio museo.

  • Para máis información:

Para calquera consulta ou aclaración, poden chamar ao teléfono: 881 881 700 de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.