Presentación da exposición "Tomás Barros. Doazón"

ORGANIZA: Museo de Belas Artes da Coruña
PATROCINA: Dirección Xeral de Cultura. Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
LUGAR: Foro (espazo de acollida do Museo)
DATA: Xoves, 2 de maio de 2024
HORA: 11:00h

Este xoves 2 de maio de 2024, ás 11:00h, preséntase a mostra "Tomás Barros Pardo (1922-1986). A doazón de Araceli e Tomás Barros Cao".

A exposición amosa a doazón de 22 obras de Tomás Barros Pardo, realizada en 2017 polos seus fillos Araceli e Tomás Barros Cao, con destino ao Museo de Belas Artes da Coruña a través da Dirección Xeral de Cultura. 

Trátase dunha colección composta de 7 óleos, 4 debuxos realizados en ceras de cores sobre papel, 1 acuarela e 10 gravados coa técnica de linografía, que veñen a completar a representación deste artista na colección do Museo. Estas obras permítennos coñecer a súa faceta artística como pintor e gravador. A súa obra plástica está moi vinculada á creación intelectual que desenvolveu en disciplinas como o teatro, a poesía, o ensaio, os estudos de estética e de pensamento.

O acto contará coa presencia do Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo Director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; os fillos do artista, Araceli e Tomás Barros Cao, e a directora do Museo de Belas Artes da Coruña, Ángeles Penas Truque. 


Para máis información: "Tomás Barros Pardo (1922-1986). A doazón de Araceli e Tomás Barros Cao"

Documentos: