Visitas guiadas para adultos
VISITAS TEMÁTICAS PARA ADULTOS (GRUPOS ORGANIZADOS):
VISITA XERAL AO MUSEO. Unha visita polo máis destacado da colección do Museo de Belas Artes da Coruña. Coñeceremos pezas que van desde o século XVI ata o XXI, facendo un percorrido polos diferentes estilos que se sucederon a longo do tempo: renacemento, barroco, romanticismo, realismo, rexionalismo, as vangardas e a arte que se realiza na actualidade.
AS MULLERES DO MUSEO é unha visita guiada que pretende facer unha achega ao papel que xogaron as mulleres no mundo da arte, nun dobre sentido: como é representada a muller ao longo da historia da arte, e como as mulleres van accedendo, paseniño e con dificultades, ao oficio ou condición de artistas. Unha visita á colección de sempre pero desde un punto de vista novo, non tradicional, que pretende ofrecer unha ollada desde o punto de vista feminino á colección do museo
A ARTE GALEGA NO MUSEO DE BELAS ARTES é un percorrido polas obras dos artistas galegos que están representados na colección do Museo, e que nos permiten coñecer o desenvolvemento da plástica galega desde o século XIX ata a actualidade. A través de artistas de diferentes estilos e épocas como Jenaro Pérez Villaamil, Luis Seoane, Lugrís ou Francisco Leiro, entre outros, coñeceremos as diferentes creacións artísticas xurdidas desde Galicia neste tempo, relacionándoas co seu contexto cultural e histórico.
RESERVA UNHA VISITA PARA O TEU GRUPO (click aquí)