modernismo.jpg

A AVENTURA MODERNISTA nas coleccións do Museu Nacional dArt de Catalunya

Presentación da exposición á prensa

Este venres 10 de setembro tivo lugar no salón de Actos do Museo de Belas Artes da Coruña a presentación á prensa da exposición A Aventura Modernista nas coleccións do Museo Nacional dArt de Catalunya, que se inaugura esta mesma tarde ás 20:00 horas e que poderá ser visitada no Museo de Belas Artes da Coruña ata o 12 de decembro do 2010Interviron na presentación Ángeles Penas Truque, directora do Museo de Belas Artes; Óscar Landeiro, director da zona norte da Obra Social de Caixa Catalunya, Tarragona i Manresa; e Mercé Doñate, comisaria da Exposición. Mercé Doñate, conservadora do Museo Nacional dArt de Catalunya e comisaria da exposición, subliñou a importancia da colección de arte modernista do MNAC -xunto a de arte medieval núcleo forte do principal museo artístico catalán-, que ademais ten a singularidade de se conformar desde principios do século XX, cando este movemento artístico estaba en pleno auxe.O chegada do modernismo, cunha clara influencia francesa, supuxo -segundo Mercé Doñate- unha renovación extraordinaria das artes en Cataluña, a través dunha linguaxe artística novidosa. A arquitectura, a través de figuras únicas como Antoni Gaudi e Domenech i Muntaner entre outros, foi a disciplina que se situou á vangarda nesta renovación estética, dentro dun estilo que destaca prescisamente pola súa búsqueda da integración das artes. Na exposición ocupan tamén un lugar destacado as artes decorativas e, sobre todo, a pintura, con obras de artistas da talla de Ramón Casas e Santiago Rusiñol, nas que albiscamos a influencia de movementos pictóricos como o impresionismo e o simbolismo.Así mesmo, a comisaria da exposición salientou a importancia do contexto histórico
que permitiu o gran desenvolvemento do modernismo catalán naquela
altura: o crecemento urbanístico auspiciado polo derrubamento das
murallas e o Plan Cerdá, o auxe económico e social da burguesía catalana
e a gran marea de ideas e modernidade que supuxo a Exposición Universal
de 1888.Por último, Mercé Doñate fixo unha invitación ao público coruñés a "valorar, gozar e achegarse a un dos períodos máis brillantes de Cataluña como foi o modernismo".INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN: VENRES 10 DE SETEMBRO DE 2010 ÁS 20:00 h.