Convocatoria bolsa o 2013

Deartamento didáctica

BOLSA DE COLABORACIÓN NO DEPARTAMENTO DIDÁCTICO DO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑAA Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña convoca unha bolsa para colaborar co programa didáctico e de difusión do Museo de Belas Artes da Coruña.O obxectivo desta beca é o coñecemento e a posta en práctica dalgúns dos labores propios do Departamento Didáctico do museo, o que inclúe a realización de visitas guiadas a centros escolares e asociacións, a participación na elaboración dos materiais didácticos e os modelos de visitas axeitadas aos diferentes niveis educativos, así como a colaboración no desenvolvemento de obradoiros e outras actividades didácticas organizadas polo mesmoA actividade, que deberá levarse a cabo nas dependencias do museo, contará co asesoramento dos titores nomeados pola Asociación de Amigos, unha vez elixidos entre o persoal técnico do centroA bolsa poderase renovar ata un máximo de dous anos.A concesión da bolsa no suporá ningún tipo de relación xurídico-laboral ou profesional entre a Asociación de Amigos do Museo, o Museo de Belas Artes ou a Administración á que este pertence e o/a beneficiario/a da mesma, nin outorgará a este/a ningún dereito laboral ou profesional máis aló do alcance da bolsa.Información: Asociación de Amigos do Museo de Belas ArtesC/ Zalaeta s/n 15002 A CORUÑATel.: 881 881 700 / Fax: 881 881 702amigosmbac@gmail.comhttp://amigosmuseobbaa.hol.es/Requisitos: - Ter obtida a licenciatura en Historia, Historia da Arte, Museoloxía ou Humanidades, despois de 2008 (incluído). A estes efectos entenderase como data de obtención da licenciatura correspondente, a que conste no título académico ou resgardo acreditativo.- Estar a disposición para o disfrute da bolsa en exclusividade, e non percibir outra bolsa ou contrato remunerado durante o período de duración da mesma.Valorarase:- Expediente académico- Cursos de xestión de patrimonio, museoloxía e acción cultural de museos, organizados exclusivamente por organismos públicos, universidades ou asociacións profesionais de museos - Presentación de comunicacións en congresos e cursos de museoloxía- Publicacións relacionadas con museoloxía, o Patrimonio e a Historia da Arte- Ter disfrutado doutras bolsas ou ter desenvolta algunha actividade no ámbito da educación e a acción cultural en museos- Capacidade de relación, iniciativa e traballo en equipo.Duración: 9 meses incluídos no intervalo de tempo transcurso entre xaneiro e decembro de 2013 (cunha interrupción durante os meses de xullo e agosto), e cunha dedicación de 20 horas semanais, distribuídas de martes a venres, en horario de mañá ou tarde, segundo o criterio establecido polos titores.Rematado o período da bolsa, a relación entre a Asociación de Amigos do Museo, o Museo de Belas Artes ou a Administración que o xestiona (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia) e o/a beneficiario/a da mesma quedará extinguida sen que se devengue un dereito laboral a favor deste/a. A relación entre as partes durante a beca é, en todo caso, non profesional e non laboral.Dotación económica: O importe será de 4.500,00 € brutos a pagar en nove entregas de 500,00 €. Así mesmo, a Asociación de Amigos formalizará un seguro de responsabilidade civil a nome do bolseiroDocumentación: Os interesados deberán presentar na sede da Asociación de Amigos (MUSEO DE BELAS ARTES C/ Zalaeta s/n 15002 A CORUÑA) antes do 27 de decembro de 2012 a seguinte documentación:-    curriculum actualizado e fotocopia dos méritos alegados-    fotocopia do DNI-    declaración expresa de non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda, calquera que fose esta, ou, no caso de o ter, un compromiso expreso de renunciar a el con anterioridade ao momento no que se outorguen as bolsasSelección: A selección levarase a cabo mediante comisión de avaliación integrada por persoal do Museo de Belas Artes e membros da Xunta Directiva da Asociación de Amigos. O resultado da mesma estará a disposición dos aspirantes na sede da asociación a partir do 3 de xaneiro de 2013Obrigas do bolseiro: - Manifestar por escrito a aceptación da bolsa no prazo de 10 días a partir de data de concesión da mesma- Compromiso de confidencialidade con respecto á información que sexa posta á disposición do bolseiro, ben sexa a través de documentos, informes ou similares, ben proveña do tratado en reunións de grupos de traballo- Comunicar todas as alteracións que poidan xurdir co plan previsto- Presentación dunha memoria ao remate da bolsa sobre o desenvolvemento do traballoO incumprimento de calquera das cuestións reflectidas nas presentes bases significaría a perda ao dereito de participación nesta convocatoria ou, no seu caso, a anulación da adxudicación da bolsa. Neste caso, de terse aboado algunha cantidade ao bolseiro, a entidade poderá demandar o reintegro dos importes cobrados.A participación nesta convocatoria implica a plena aceptación da totalidade das presentes bases