ARTISTAS EN EL MUSEO. Presentación de la instalación realizada por Mónica Alonso

MUSEO DE BELAS
ARTES DA CORUÑA

PRESENTACIÓN Á PRENSA DA INSTALACIÓN REALIZADA POR
MÓNICA ALONSO
, COA PRESENZA DA ARTISTA 

 

CREAR DENDE AS EMOCIÓNS

Cela amarela cor carne interior: 5 Casos
de Arte Confesión

Data: Venres, 29 de abril

Hora: 12:00h

Data: Venres, 29 de abril

Hora: 12:00h

 


Crear dende as
emocións
foi un obradoiro
desenvolvido no marco do ciclo ARTISTAS NO MUSEO, no que os alumnos
tiveron a oportunidade de traballar cuestións emocionais persoais a través da
expresión artística. Elixiron unha emoción que traballaron ata o seu total
coñecemento. Das emocións pasaron aos sentimentos, aos que deron forma. Todos
os medios formais son posibles. O traballo de Mónica Alonso pode ser visto como
unha expresión de Arte Confesión – creación artística impregnada polos
sentimentos mais profundos do seu creador- pasando na actualidade a traballar
coas confesións dos outros. Neste caso os outros son os asistentes ao
obradoiro. A artista actúa como o confesor que non xuzga. O resultado son 5
proxectos, que ela presenta como casos.

 

Caso 1- O sobre que
nunca encontrou.

Caderno:
materialización do sobre que nunca encontrou.

Obxecto: cubo de
rubik intervido. Dossier: a nai castradora

Caso 2- Medo ao
fracaso como artista.

Caderno: O medo ao
fracaso como artista. O colibrí amarelo.

Obxecto: colibrí
amarelo. Dossier: o medo a …

Caso 3- Localización
e transformación dun espazo propio e seguro.

Caderno: Localización e transformación do espazo

Obxecto: maqueta.
Dossier: a arte de se sanar.

Caso 4- Sexo,
traballando co inconfesable.

Caderno: fantasías
sobre o inconfesable.

Obxecto: como un pene
e unha palliña te poden levar ao setimo ceo.

Caso 5- Confesión
como reivindicación social. O zapato de tacón XXL.

Obxecto: zapatos de
tacón. Dossier: tacón XXL ou non tacón XXL

 

Para presentar os Casos ao espectador Mónica Alonso
deseña paralelamente unha Cela Amarela Cor Carne Interior. Traballando
así coa construcción arquitectónica do lugar propicio para a visualización das
emocións, sentimentos e confesións.

Ningún caso está firmado pola súa autora, pode ser de
calquera participante, incluído un caso da artista.

 

Por outra banda, as cartelas amarelas que aparecen
ao lado de algunhas obras da colección do museo forman parte dos resultados do
obradoiro As representacións artísticas como medio para o coñecemento
propio. Crear dende as emocións
, e os pensamentos que aparecen nelas foron
escritos pola artista ao longo dos meses do obradoiro, dando así unha calidade
emocional as obras da colección do Museo. Obras estáticas ás que a artista lles
atribue sentimentos e emocións.