Celebración del Día del Patrimonio

Celebración do Día do Patrimonio

no Museo de Belas Artes da
Coruña


Xoves, 16 de
novembro de 2017

 
O Museo de Belas Artes da Coruña súmase
á iniciativa da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega para a
celebración da Semana do Patrimonio,
coincidindo co Día Internacional do Patrimonio Mundial que ten lugar cada 16 de novembro.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Entrada gratuita para todo o público que ao longo do
día 16 de novembro visite o museo.

O PATRIMONIO DO MUSEO A
TRAVÉS DA WEB

A colección do museo pódese consultar a través da
páxina web do museo:

http://museobelasartescoruna.xunta.gal

 

FRANCISCO ASOREY E A CERÁMICA CELTA

Na sala 6 do museo atópase unha pequeña selección de
pezas da fábrica Cerámica Celta de Pontecesures, entre as que se inclúe a
reproducción de ‘O Tesouro’ de Francisco Asorey, comentada no seguinte enlace:

http://museobelasartescoruna.xunta.gal/index.php?id=70&idc=3305

 

Enlace á web do Consello da Cultura Galega:

http://consellodacultura.gal/dia-do-patrimonio-2017.php

 

Departamento de DifusiónMuseo de Belas Artes da CoruñaRúa Zalaeta, 215002 A CoruñaT 881 881 700 / F 881 881 701http://museobelasartescoruna.xunta.gal  mu.belas.artes.difusion@xunta.gal Síguenos en Facebook y Twitter

________________________________________________________________

FRANCISCO ASOREY  E A CERÁMICA
CELTA

 

O TESOURO

Cerámica Celta. Pontecesures
(1925-1963)

Reprodución de “O Tesouro” de Francisco Asorey

1933-1954

Inv. 4837. Colección do Museo de Belas Artes da
Coruña

 

Esta
peza cerámica é unha reproducción da obra en madeira de Francisco Asorey
titulada ‘O Tesouro’ realizada en 1924 e presentada na Exposición Nacional de Belas
Artes de Madrid onde recibe a 2ª medalla, feito que causou protestas por non
recibir a 1ª. A talla foi comprada por un particular polo dobre do valor do
premio. Esta obra é un exemplo destacable da escultura rexionalista galega que
recupera a liña da imaxinería tradicional para reflectir a esencia do modo de
vivir galego.

O
escultor deseñou o modelo para ser reproducido pola fábrica de Cerámica Celta, encargándose
da decoración o artesán Antonio Fabeiro, activo na fábrica entre os anos 1933 e
1954.

 

Cerámica Celta. Pontecesures
(1925 – 1963)

Cerámica
Celta foi fundada en Pontecesures (Pontevedra) en 1925 coa idea de plasmar nos
seus deseños artísticos a cultura tradicional galega tanto da vida mariñeira
como do campo. Para esto contou coa colaboración de artistas como Asorey,
Castelao, Bonome, José Mª Acuña, Maside, Sesto, M. Torres e Carlos Sobrino que
aportaron a súas creacións e bosquexos.

Na súa
produción, na que tamén houbo pezas de uso cotián como xerras, xogos de café e
de chocolate, testos, etc…, incorporou a técnica do vitrificado e as
tonalidades das súas cores, moi características, foron moi coidadas polos
decoradores da fábrica.

As súas
pezas vendéronse en Galicia, Latinoamérica e difundíronse en Madrid a través
das Feiras do Campo.