El Museo con el Día das Letras Galegas
Ricardo Carvalho Calero (1910-1990) y Tomás Barros (1922-1986) mantuvieron una profunda amistad desde que se conocieron en Ferrol. Hacia 1948, Carvalho Calero anima a Tomás Barros y a Miguel Carlos Vidal a cofundar y editar una revista literaria de poesía y crítica que denominaron Aturuxo.
El primer número sale en el verano de 1952 y, gracias al apoyo de Carvalho Calero, participaron artistas como Otero Pedrayo, Luis Pimentel, Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, Luz Pozo Garza, Pura Vázquez, Angel Johan y Ramón González-Alegre Bálgoma.
El poeta Carvalho Calero y yo. Lugo, 29-IX-56
Agradecemos a Margarita Carballo-Calero Ramos la cesión para esta actividad conmemorativa de la imagen de este retrato de su padre, realizado en 1949 por Tomás Barros, artista representado en la colección del museo gracias a obras recientemente donadas por su hijo, Tomás Barros Cao.
Retrato de poeta
Detrás dun tabuleiro,
detrás dun tabuleiro
vermello, cuja xerfa
peitan, coas suas rabelas ou quillas,
peixes verdes en ringla, e na que jacen
unha mazá docemente mordida
e un dado -cubicada sorte ou
cuadratura fatal-,
sentado, está o poeta.
Sobre o brazo do asento,
un cóbado, e a man depondorada;
entre o polegar e o índice,
un anaco de ar
onde houbo algo que se foi,
do que a gema dos dedos ten
saudade.
A branca americana
de candidato á pretura do inferno;
o colo, baixo o pudor da camisa,
enforcado pola gravata azul;
e a chola monda,
que o leme do nariz conduz de
esguello,
pesada, dura e triste,
nun aceno de séria
produra, aceda e cansa.
Sobre un fundo de pontes, onde hai
árbores
que retorcen os brazos como
espiritados, árbores
de roxos froitos.
Retrato de Ricardo Carvalho Calero, Tomás Barros, 1949
E un ollo de loito viola o pecho azul.
Adán e Eva,
dous monifates de pintado azúcar,
aspergidos de follas e mazás,
parolan baixo as ponlas prohibidas,
cinguidos pola serpe.
E as orellas do poeta
medran atal as dun sátiro triste
no seu rostro de lama
cujos ollos ja leron os oráculos
e cujas moas ja non roen a vida
como a carne dun deusa cazada
na fraga do solpor.