A muller no Museo

Con motivo do Día Internacional da Muller, nesta páxina reúnense os recursos relativos a mulleres na colección do Museo de Belas Artes da Coruña, tanto sobre a representación artística da muller durante a historia da arte, como sobre a muller como creadora.

 


Departamento de Didáctica

O Departamento de Educación do Museo de Belas Artes da Coruña ofrece aos escolares de Educación Secundaria e Bacharelato a visita As mulleres no museo, na que se aborda o papel que xogaron as mulleres ao longo da historia da arte, así como a visita E elas...Ónde están? para escolares de 5º e 6º de Educación Primaria.

Así, o alumnado achégase á historia da arte desde unha perspectiva de xénero coa que se coñecen as dificultades ás que tiveron que facer fronte as mulleres para ser recoñecidas profesionalmente como artistas, descubrindo exemplos de creadoras e tamén sobre a evolución da representación da figura feminina ao longo da historia. 

 


Mulleres Artistas na colección do Museo de Belas Artes da Coruña

Ao final desta páxina atópase unha relación das obras de mulleres artistas na nosa colección.

A continuación, unha recopilación de vídeos sobre mulleres artistas presentes na colección do Museo.

- Elena Colmeiro 

 

 

- Julia Minguillón

 

 

 - María Victoria de la Fuente

 

 

- María Roësset Mosquera

 

 

- Dolores Díaz Baliño

 

Outras artistas tamén presentes na colección do museo son Elena GagoElena Olmos ou María Antonia Dans.

 


Biblioteca do Museo

2023: selección bibliográfica sobre a Muller, arte e feminismo: aquí.

2022: Selección bibliográfica sobre Mulleres artistas, mulleres e arte: aquí