Colmeiro, Elena

Silleda (Deza (comarca))
-
1932
Madrid
-
2021

Elena Colmeiro González (Silleda, Pontevedra, 1932 - Madrid, 2021). Filla do pintor Manuel Colmeiro, trasládase a Buenos Aires coa súa familia en 1941. Alí realiza estudos de Pedagoxía e posteriormente na Escola Nacional de Cerámica. En 1954 regresan a España e realiza a súa primeira exposición en 1955 na Sala Velázquez en Vigo. En 1964 é bolseira pola Fundación March para ampliar os seus estudos, o que lle permitirá viaxar e expoñer as súas obras. E novamente a Fundación March concédelle outra bolsa para ampliar estudos en Estados Unidos. Estableceráse en Madrid pero realizará ao longo da súa vida constantes visitas a Galicia. Elena Colmeiro parte do traballo cerámico asumindo como punto de partida as formas artesanais da louza tradicional. Experimenta co material, investigando sobre os distintos tipos de terras que o integran, sobre o modelado, a base de formas ocas e dilatadas no espazo, ou sobre a brillantez do tratamento das cores. A súa traxectoria artística está marcada pola abstracción, as súas obras, de gran formato, preséntanse como volumes orgánicos en expansión ou a través de torsiones en espiral, aínda que realiza outras pezas que son verticales e de tendencia xeometrizante.

Obras do/a autor/a