As mulleres no Museo

Tipo de visita:
Visita dinamizada
Nível:
1º, 2º, 3º, 4º ESO e Bacharelato
Duración:
1h 15min

De que xeito son representadas as mulleres e que lugar se lles reservou para a creación artística? Esta será a cuestión fundamental que nos servirá como fío condutor e punto de arranque da visita. Centrarémonos porén en dous aspectos distintos: a representación artística da muller durante a historia da arte e o papel da muller como creadora, motivando no alumnado o debate en torno á desigualdade histórica entre homes e mulleres. Porémoslle nome e apelidos ás mulleres artistas presentes na colección facendo autocrítica da anecdótica  representación coa que contan nas salas dos museos.