Díaz Baliño, Dolores

Coruña (A) (m)
-
1905
Coruña (A) (m)
-
1963

Dolores Díaz Baliño (A Coruña, 1905-1963). Esta artista fórmase na súa cidade natal na disciplina de pintura, xunto co seu irmán Camilo Díaz Baliño. Chama pronto a atención do pintor Fernando Álvarez de Sotomayor, xunto a quen continuaría a súa formación. Así mesmo, vai ampliar os seus estudos en Madrid, pensionada en 1929 pola Deputación Coruñesa para volver pronto á súa cidade de orixe. Na Coruña asentarase como profesora de debuxo na Escola de Artes e Oficios, así como no Instituto Feminino. Doutra banda, protagonizará exposicións individuais, durante toda a súa vida profesional, por distintos lugares de España e América, e participará tamén en multitude de mostras colectivas en Madrid, Ferrol, A Coruña ou Barcelona. Foi membro da Academia Provincial de Belas Artes da Coruña. A súa obra caracterizouse por un gran coidado no debuxo, realizado en acuarelas dunha gran brillantez, traballou profundamente aspectos como a luz e temas como a paisaxe de Galicia e as figuras humanas, todo cargado dun aura de fantasía que era para a autora dunha grandísima importancia. 

Obras do/a autor/a