ACTIVIDADES ARREDOR DA ECLIPSE TOTAL DE SOL

Xoves, 11 de xuño de 2026
-
19:00 horas
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña, en colaboración coa Orquesta Sinfónica de Galicia e o CSIC
Público:
Xeral
Prazas:
Libre ata completar aforo
Prezo:
Gratuito
Lugar:
Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

Con motivo do eclipse total de Sol que poderá verse na Coruña o próximo 12 de agosto, o Museo de Belas Artes da Coruña acolle unha actividade organizada en colaboración coa Orquesta Sinfónica de Galicia e o CSIC, para amosar a histórica vinculación entre as eclipses e as artes. Contará cun coloquio no que intervirán dous coñecidos divulgadores, seguido dunha interpretación musical a cargo de músicos da OSG.

Data: Xoves, 11 de xuño de 2026
Hora: 19:00 horas
Lugar: Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña
Entrada libre ata completar aforo


PROGRAMA

· “Eclipses na historia, na arte e nas culturas”
Coloquio entre Miguel Ángel Cajigal (El Barroquista) e César González-García (investigador no INCIPIT- CSIC)

· Concerto
Grupo de Cámara da Orquesta Sinfónica de Galicia (OSG): Regina Laza Pérez-Blanco (violín), Oscar Vásquez Valiño (trombón) e Alejandro Sanz Redondo (percusión)

Karl-Heinz Stockhausen | TIERKREIS (horóscopo)
Acuario (Urano)
Piscis (Júpiter-Neptuno)
Scorpio (Marte-Plutón)
Cáncer (Luna)