Educación

A actividade educativa do Museo de Belas Artes da Coruña parte das obras da exposición permanente nas salas do museo e das diversas mostras temporais incluídas na programación anual.

O obxectivo principal da área de educación é motivar o coñecemento e desfrute da arte coma unha experiencia, en busca do cumprimento dos fins educativos, de estudo e de recreo que o museo pon ao servizo da sociedade. Por iso, axústanse a linguaxe e os contidos da visita a través de múltiples ferramentas, talleres e propostas educativas destinadas a diferentes públicos: público escolar, público adulto e atención á diversidade.