
Recursos educativos
Nesta páxina póñense á disposición da comunidade educativa unha serie de contidos e materiais pensados para traballar na aula, ben sexa para utilizar antes de achegarse ao centro, ou para reforzar a actividade desenvolvida no museo unha vez realizada a visita.
Descubre o museo, con información básica sobre a historia do museo, o edificio, os traballos e funcións da institución.
Fichas didácticas, descargables coa información e interpretación de diferentes pezas do museo.
Escolma de artistas, un espazo didáctico que nos achega á vida e obra de artistas destacados na colección do museo.
Itinerarios, con propostas de diferentes percorridos temáticos.
Proxectos educativos, onde se recollen actividades levadas a cabo en colaboración con diferentes centros educativos.