cabecera visita

Amigos do museo

O Museo de Belas Artes da Coruña necesita do apoio da sociedade á que serve e á que está aberto sen excepción. Por iso, ao igual que outras institucións deste xénero, queremos invitar a particulares e empresas a participar no seu desenvolvemento. Desde a súa Asociación de Amigos agradaríanos que todos as persoas amantes da arte e da cultura en xeral poideran vincularse á nosa aventura, pois soamente a través da suma de vontades poderemos lograr o que nos nosos mellores soños concibimos. 

VANTAXES DO/A SOCIO/A COLABORADOR/A

  • Carné de socio/a
  • Entrada gratuíta no Museo de Belas Artes da Coruña
  • Reducción do prezo da entrada noutros museos públicos
  • Información regular sobre as actividades da Asociación e do Museo
  • Visitas guiadas privadas exclusivas en exposicións de especial significación
  • Desconto especial no prezo dos cursos, seminarios e obradoiros organizados polo museo e a asociación
  • Desconto especial en viaxes culturais organizados pola asociación
  • 20 % de desconto en todo tipo de productos, libros e outros obxectos na tenda do Museo
  • Utilización das instalacións da biblioteca especializada do Museo, previa solicitude á dirección do mesmo
  • Invitación ás inauguracións das exposicións do Museo

 

Páxina web

 


Contacto

Se desexas poñerte en contacto coa Asociación de Amigos do Museo, estaremos encantados/as de
atender as túas consultas, solicitudes ou colaboracións:
 

  • Por e-mail: amigosmbac@gmail.com
  • Por teléfono: 881 881 700 (de luns a venres en horario de 10 a 14 horas)
  • Por fax: 881 881 701
  • Por correo ordinario: Museo de Belas Artes da Coruña, rúa Zalaeta, 2. 15002 A Coruña
 

XUNTA DIRECTIVA

  • Presidente: Pedro Vasco Conde
  • Secretario: Alejandro López Sánchez
  • Tesoureira: Ana Vasco del Castillo
  • Vogal: María del Carmen Fernández-Cabrera Massé
  • Vogal: Nuria Ocampo Juíz