Exposicións

06.11.2024-23.02.2025 -> PRORROGADA 27 DE ABRIL DE 2025 - Sala de Exposicións Temporais

Mostra que recolle as creacións arquitectónicas dos 23 arquitectos que foron e son académicos de número e de honra da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario, desde 1849 e ata a actualidade.

21.11.2024-23.02.2025 - Sala 5 do Museo de Belas Artes da Coruña

O Museo de Belas Artes da Coruña organiza a mostra "Convidadas: dúas miradas de Zuloaga", en colaboración co Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. Con ela ábrese un novo ciclo de exposicións de pequeno formato co que coñecer obras procedentes doutros museos e coleccións españolas.

30.05.2024 - 15.09.2024 - Sala de exposicións temporais

Exposición sobre as doazóns á colección do Museo de Belas Artes da Coruña durante os anos 2015 a 2023.

02.05.2024-15.09.2024 - Foro, espazo de acollida do Museo

Preséntase a doazón á Xunta de Galicia de 22 obras de Tomás Barros Pardo, realizada en 2017 polos seus fillos Araceli e Tomás Barros Cao, con destino ao Museo e Belas Artes da Coruña a través da Dirección Xeral de Cultura.

23.11.2023 - 10.03.2024 -> PRORROGADA 07.04.2024 - Museo de Belas Artes da Coruña

A exposición forma parte do programa oficial "100 anos do falecemento de Joaquín Sorolla" e presenta as obras realizadas polo pintor ao longo das súas viaxes.

23.03.2023 - 25.06.2023 - Museo de Belas Artes da Coruña

Exposición temporal "Picasso branco no recordo azul", dedicada á etapa coruñesa do artista, no marco da Celebración Picasso 1973-2023.

25.05.2022-13.11.2022 -> PRORROGADA 11.12.2022 - Museo de Belas Artes da Coruña

After the whale. Un diálogo co museo é o resultado dun ambicioso proxecto expositivo de Manuel Vilariño, onde o artista realiza unha poética lectura sobre a vida e a morte, dous dos seus temas máis recorrentes, cos que personifica seres e elementos da natureza salvaxe.

do 7 de marzo ao 24 de abril de 2022 - Museo de Belas Artes da Coruña

O Museo de Belas Artes da Coruña ofrece a exposición inclusiva “Hoxe toca o Prado”, un proxecto itinerante do Museo Nacional del Prado, co apoio da Fundación AXA e a colaboración da ONCE, coa finalidade de facer accesible a persoas con algún tipo de discapacidade visual unha selección de obras de arte.