Pintura relixiosa dos séculos XVI e XVII

Na sala 1 expóñense obras de temática relixiosa dos séculos XVI, XVII e XVIII e procedentes de Italia, Flandres e España. Trátase das imaxes máis empregadas pola Igrexa para representar a vida de Cristo, da Virxe e dos seus discípulos.

Estas iconografías son exemplos dos canones renacentistas e das propostas da Contrarreforma católica, en resposta ás críticas da Reforma protestante, e xustificando a veneración das imaxes pola súa finalidade educativa e devocional.

Entre os artistas destacan nomes propios da Escola española como Juan de JuanesLuis de Morales, Francisco Collantes ou Claudio Coello.

A exposición complétase coas pezas da colección de moedas que datan dende época romana ata o século XVII, entre as que destacan as pertencentes á Real Casa da Moeda da Coruña. Esta fábrica estableceuse en época medieval durante o reinado de Alfonso IX e foi a principal ceca de Galicia, sendo a que máis moeda acuñou ata que finaliza a súa produción no ano 1669.

Obras nesta sala