ACTIVIDADES DE OUTONO. CONCERTO DE INICIO DE TEMPORADA: MAD MARTIN TRIO

23 de setembro de 2022
-
20:30 horas
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña. Xunta de Galicia
Público:
Xeral
Prazas:
Entrada libre
Prezo:
Gratuito
Lugar:
Plaza exterior del Museo

ACTIVIDADES DE OUTONO

CONCERTO DE INICIO DE TEMPORADA

MAD MARTIN TRIO

 

Praza exterior do Museo

Venres, 23 de setembro de 2022

20:30h

Organiza: Museo de Belas Artes da Coruña

Patrocina: Xunta de Galicia

 

Este concerto, a cargo do grupo compostelán Mad Martin Trio, constitúe o evento festivo dirixido a todo tipo de público, co que o Museo de Belas Artes da Coruña inicia as súas actividades de outono.

 

A mellor banda de Rock ‘N’ Roll clásico da escea galega e, sen dúbida, a que máis público arrastra nos seus explosivos shows, Mad Martin Trio está liderado por Martín Esturao o cal formou parte de bandas galegas tan importantes coma Clan Moriarty, Los Feliz,Tombstones ou Dr. Gringo. O seu primeiro traballo saíu no 2014 e leva o título de “It was a very good year”, tema orixinal de Ervin Drake e que popularizou o gran Frank Sinatra. No 2015 gañaron o concurso “Azkena Rock Party”, festival que se celebra en Vitoria e está considerado dos mellores do país onde tocaron todos os grandes do Rock ‘N´ Roll. Neste 2022 Mad Martin Trio sacará o seu cuarto traballo e presentarase polos escenarios galegos a ritmo do mellor Rock ‘N ´Roll.