ACTIVIDADES EN FAMILIA Con-sentidiños
ACTIVIDADES EN FAMILIA
CON-SENTIDIÑOS
Colabora: Asociación Amigos do Museo e a Deputación Provincial da Coruña
Datas: sábados, 22 de outubro, 12, 19 e 26 de novembro de 2016
Horario: 11.30 a 13.30 h
Idade: de 7 a 14 anos
Dirección: Sabina Díaz Antón /Gema Santos Custodio
A proposta consiste en fusionar o coñecemento do noso corpo, das nosas habilidades e capacidades, coa sensibilización pola integración das persoas con diversidade funcional. Farase un percorrido polos cinco sentidos, observando determinadas obras do museo e as sensacións que estas producen. Tamén se tomará contacto coa lingua de signos e o Braille.
Prazas limitadas, con inscrición previa.
RESERVA DE PRAZA*:. Desde esta web (premer aquí). Por correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.es . Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)*NOTA: Prazas limitadas, por rigurosa orde de inscrición. Antes de realizar o pago da matrícula, o interesado deberá esperar a que se lle confirme a reserva de praza para poder facer o ingreso na conta que se lle comunicará nese intre. As datas do curso poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.