ACTIVIDADES EN FAMILIA Xincanas temáticas
Sábados, do 17 de outubro ao 7 de novembro de 2015
-
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Monitor / Docente:
Sabina Díaz Antón / Gema Santos Custodio
Público:
Familiar
Prazas:
Prazas limitadas, con inscrici
Xincanas temáticas "OS SENTIDOS"A proposta consiste en fusionar o coñecemento do noso corpo, das nosas habilidades e capacidades, coa sensibilización pola integración das persoas con diversidade funcional. Farase un percorrido polos cinco sentidos, observando determinadas obras do museo e as sensacións que estas producen. Tamén se tomará contacto coa lingua de signos e co Braille.
Comezarase realizando unha divertida xincana polo museo para descubrir unha serie de enigmas. Pero a proba ten unha dificultade engadida, xa que o percorrido se fará con algún dos sentidos anulados (cos ollos ou os oídos tapados, sen poder usar as mans ou as pernas, etc.) como unha forma de sensibilizarse pola integración das persoas con diversidade funcional.
A actividade rematará cun interesante obradoiro no que se fará unha obra moi especial, e coñecerase que é a linguaxe de signos e o Braille.
Prazas limitadas, con inscrición previa.RESERVA DE PRAZA*:. Desde esta web (premer aquí). Por correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.es . Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)*NOTA: Prazas limitadas, por rigurosa orde de inscrición. Antes de realizar o pago da matrícula, o interesado deberá esperar a que se lle confirme a reserva de praza para poder facer o ingreso na conta que se lle comunicará nese intre. As datas do curso poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.