Animais no museo. Obradoiro para familias
ANIMAIS NO MUSEO. OBRADOIRO PARA FAMILIAS
Contido: Dende hai miles de anos o ser humano ven facendo representacións gráficas e escultóricas de animais.Unhas veces trátase de animais reais e outras de invencións produto da imaxinación, sendo empregados a miúdo como símbolos. Nós, en familia, exploraremos algunhas das obras do Museo na procura deses animais, reais ou imaxinarios, para descubrir por que están alí. Despois, no espazo de cada obradoiro, deixaremos voar a imaxinación para facer as nosas propias representacións de seres fantásticos.
Coordinación: Crearte Servicios Culturais S.L.
Datas: Sábados, do 5 de outubro ao 30 de novembro*
Horario: de 18:00 a 19:30 h
*O Obradoiro ten un día de duración.
Prazas limitadas
RESERVA DE PRAZA*: . Desde esta web (premer aquí) . Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)*NOTA: Prazas limitadas, por rigorosa orde de inscrición. Para formalizar a matrícula, o interesado deberá recibir a confirmación da reserva da praza antes de proceder ao abono do curso mediante o procedemento que se lle indique. As datas poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.