ARTE EN FAMILIA
Escapar dun labirinto, voar coma paxaros, ver a Hércules conducir un carro de cabalos polo ceo… son algunhas das imaxes que miraremos en familia no museo. Ao tempo coñeceremos sorprendentes historias sobre seres mitolóxicos que farán bulir a nosa imaxinación. Despois, no taller, deberemos acceder ao oráculo, seguir as súas insólitas proposicións e resolvelas a base de creatividade.
Prazas limitadas, con inscrición previa.
SESIÓNS DA ACTIVIDADE :
Cada sábado, do 14 de abril ao 16 de xuño de 2012, das 17.30 ás 19.00 h
RESERVA DE PRAZA* :
. Desde esta web (premer aquí)
. Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)
*NOTA: As prazas son limitadas, por rigurosa orde de inscrición, polo que unha vez solicitada a reserva de praza na actividade é necesario recibir a confirmación por parte do museo. Estas datas poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.