Arte urbano. Achegando o museo aos mozos

sábados, 16, 23, 30 outubro e 6, 13, 20 novembro
-
das 17.30 ás 19.30 h
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Monitor:
Tonecho Otero
Público:
Xuvenil
Prazas:
15
Prezo:
Gratuíto (previa inscrición)
Lugar:
Foro do museo

Trátase dun proxecto didáctico especialmente deseñado para un público adolescente e universitario. Concíbese como un proxecto aberto no que os propios mozos serán os que concreten o discurso final da actividade. Este ano proponse traballar arredor de distintos espazos da cidade e como se pode incidir no seu cambio por medio de distintas accións artísticas. Traballaremos con técnicas como o graffiti ou a stencil-art.SESIÓNS DO OBRADOIRO:Sábados 16, 23, 30 de outubro, 6, 13 e 20 de novembro de 2010, das 17.30 ás 19.30 h.RESERVA DE PRAZA :

. Desde esta web (premer aquí)

. Chamando ao museo, tlf: 981 223 723 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)

*NOTA: As prazas son limitadas, por rigurosa orde de inscrición, polo que unha vez solicitada a reserva de praza na actividade é necesario recibir a confirmación por parte do museo. Estas datas poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.