ARTISTAS NO MUSEO Obradoiro con Mónica Alonso
"As representacións artísticas como medio para o coñecemento propio. Crear dende as emocións"
Obradoiro que introducirá o alumno no universo técnico e creativo de diferentes artistas galegos. Nesta ocasión estará impartido por Mónica Alonso. Baixo o título "As representacións artísticas como medio para o coñecemento propio. Crear dende as emocións", cada persoa terá a oportunidade de traballar cuestións emocionais persoais a través da expresión artística. Deberá elixir unha emoción que irá traballando ata o seu total coñecemento. Das emocións pasará aos sentimentos, aos que dará forma. Prazas limitadas, con inscrición previaRESERVA DE PRAZA*:. Desde esta web (premer aquí). Por correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.es . Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)*NOTA: Prazas limitadas, por rigurosa orde de inscrición. Antes de realizar o pago da matrícula, o interesado deberá esperar a que se lle confirme a reserva de praza para poder facer o ingreso na conta que se lle comunicará nese intre. As datas do curso poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.