ARTISTAS NO MUSEO. Pepe Galán: Olladas de Brocos
ARTISTAS NO MUSEO
PEPE GALÁN: OLLADA DE BROCOS
Colabora: Asociación de Amigos do Museo e Concello da Coruña
Datas: Venres, do 13 de maio ao 1 de xullo
Horario: de 17.00 a 20.00.h
Matrícula: 25€(Amigos Museo: 20€)
Obradoioro que introducirá ao alumno no universo técnico e creativo de diferentes
artistas galegos. Nesta ocasión o escultor Pepe Galán fará un traballo de
campo sobre a vida e obra de Isidoro Brocos, para terminar coa realización
dunha peza de grupo inspirada no citado autor.
Prazas limitadas con inscrición previa
RESERVA DE PRAZA*:. Desde esta web (premer aquí). Por correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.es . Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)*NOTA: Prazas limitadas, por rigurosa orde de inscrición. Antes de realizar o pago da matrícula, o interesado deberá esperar a que se lle confirme a reserva de praza para poder facer o ingreso na conta que se lle comunicará nese intre. As datas do curso poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.