Bookcrossing no museo
Día Internacional do Libro
BookCrossing no Museo de Belas Artes da Coruña
Lugar: Planta baixa do museo
Data: 21 - 30 de abril de 2017
Hora: a partires das 12:00h do venres 21 no horario de apertura do museo
Organiza: Biblioteca do Museo de Belas Artes
A biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña participará este venres 21 de abril e por sexto ano consecutivo, nunha actividade de "Bookcrossing" ou Campaña de liberación de libros preparada por 57 centros de arte e museos de toda España con motivo da celebración do “Día Internacional do Libro 2017”.
Os centros aportarán libros e publicacións procedentes da bolsa de duplicados das súas respectivas bibliotecas, coa intención de que aquel que os recolla disfrute da súa lectura e volva a liberalos noutro punto distinto. Todos os libros estarán acreditados con etiquetas, conterán as instruccións necesarias para facilitar ao lector a súa participación na campaña e estarán rexistrados na páxina web de BookCrossing, na que os lectores poderán indicar os lugares onde liberarán cada exemplar unha vez lido.
A biblioteca do Museo de Belas Artes habilitará un espazo para o Bookcrossing na entrada do museo, onde os interesados poderán consultar e recoller as publicacións aportadas para esta actividade.
O obxetivo desta inciciativa é sumar ás bibliotecas dos museos no esforzo para o fomento da lectura e na difusión do coñecemento das distintas disciplinas culturais.
Para máis información:
Museo de Belas Artes da Coruña. Biblioteca
Zalaeta, 2. 15002 A Coruña
T: 881 881 700
e-mail: mu.belas.artes.biblioteca@xunta.gal
web: http://museobelasartescoruna.xunta.gal
facebook: https://www.facebook.com/Museo-de-Belas-Artes-da-Coruña-132060186921898/
twitter: https://twitter.com/museobelasartes