CICLO DE CONFERENCIAS "MARÍA CASARES. DO EXILIO AO ESCENARIO"

De febreiro a novembro de 2022
-
19:30 horas
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña. Xunta de Galicia
Público:
Xeral
Prezo:
Gratuito
Lugar:
Salón de actos del Museo de Belas Artes da Coruña

CENTENARIO MARÍA CASARES. A MIÑA PATRIA É O TEATRO

No 2022 celébrase o centenario do nacemento de María Casares. Unha efeméride idónea para saldar unha débeda coa memoria da cidade e coa propia familia Casares. Unha oportunidade singular para achegar ao público a gran figura dunha das intérpretes máis soadas do século XX.

Coa vontade de renderlle homenaxe e recuperar a súa memoria, desde a Xunta de Galicia propoñemos a celebración de María Casares: do exilio ao escenario, unha programación cultural vinculada ao universo creativo e interpretativo da actriz máis relevante da historia da cidade. Unha cartografía non só dos lugares, senón da memoria, nos que a autora de Residente privilexiada habitou, traballou e exhibiu o seu talento.

O Museo de Belas Artes da Coruña será o escenario que acolla, entre os meses de febreiro e novembro de 2022, un ciclo de conferencias e encontros abertos ao público con personalidades relevantes do mundo das artes e da cultura que coñeceron, desde a proximidade, o traballo de María Casares. Figuras de primeiro nivel ofrecerán o seu testemuño, experiencia e memoria para situar a María Casares no lugar que sempre lle correspondeu no imaxinario colectivo. Lonxe do exilio. Na súa terra.

O próximo 2022 celebramos o centenario de María Casares, Vitoliña, Vitola. O ano da moza que, cen anos despois, regresará a súa cidade. Na que o seu nome xamais volverá ser arrebatado da nosa historia e do pretendido esquecemento.

 

banner

Documentos:
Anexo Tamaño
dosier_galego.pdf 2.73 MB