CICLO DE CONFERENCIAS: Maruja Mallo. De Galicia ás vangardas do século XX

Maio - Decembro 2025
-
19:00 horas
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Público:
Xeral
Lugar:
Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

O Museo de Belas Artes da Coruña organiza, entre os meses de maio e decembro de 2025, un ciclo de conferencias dedicado a Maruja Mallo, figura clave das vangardas artísticas do século XX e unha das creadoras máis relevantes da cultura galega e española.

Baixo o título Maruja Mallo. De Galicia ás vangardas do século XX, o ciclo pretende afondar nas múltiples facetas da artista a través da visión de especialistas en diferentes ámbitos.

Datas: 22 de maio, 12 de xuño, 8 de outubro, 12 de novembro e 3 de decembro.
Horario: 19:00 horas
Lugar: Salón de actos do Museo
Entrada de balde ata completar aforo


Programa

Xoves, 22 de maio
"Maruja Mallo: metade muller, metade marisco"
Proxección do documental homónimo e coloquio
Antón Reixa (Escritor e músico)

 

Xoves, 12 de xuño
Maruja Mallo: a súa conexión permanente con Galicia
Carme Vidal (Xornalista)

 

Mércores, 8 de outubro
Imaxinarios transatlánticos. Maruja Mallo e o nadal como motivo artístico
Carmen Gaitán (Científica Titular no Instituto de Historia do CSIC)

 

Mércores, 12 de novembro
Os mares de Maruja Mallo
Patricia Molins (Museo Reina Sofía. Comisaria da exposición "Maruja Mallo: Máscara y compás" presentada en 2025 no Centro Botín de Santander e no Museo Reina Sofía).

 

Mércores, 3 de decembro
Mortal e deusa. As 14 almas de Maruja Mallo
José Luis Ferris (Escritor e biógrafo de Maruja Mallo)

 

Documentos:
Anexo Tamaño
Dossier Ciclo Maruja Mallo 2.92 MB