CON-SENTIDIÑOS
ACTIVIDADES EN FAMILIA
CON-SENTIDIÑOS
Colabora: Asociación de Amigos do Museo e Deputación da Coruña
Datas: Sábados, do 21 de maio ao 11 de xuño
Horario: de 11.30 a 13.30 h
Dirección: Sabina Díaz Antón / Gema Santos Custodio
A proposta consiste en fusionar o coñecemento do noso corpo, das nosas
habilidades e capacidades, coa sensibilización pola integración das persoas
con diversidade funcional. Farase un percorrido polos cinco sentidos,
observando determinadas obras do museo e as sensacións que estas
producen. Tamén se tomará contacto coa lingua de signos e o Braille.
Prazas limitadas con inscrición previaRESERVA DE PRAZA*:. Desde esta web (premer aquí). Por correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.es . Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)*NOTA: Prazas limitadas, por rigurosa orde de inscrición. Antes de realizar o pago da matrícula, o interesado deberá esperar a que se lle confirme a reserva de praza para poder facer o ingreso na conta que se lle comunicará nese intre. As datas do curso poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.