Concerto didáctico: Dúo Índigo

15.10.2022
-
12:00 h
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña en colaboración con Fundación Rogelio Groba
Monitor:
Dúo Indigo
Público:
Familiar
Prazas:
Entrada libre
Prezo:
Gratuito
Lugar:
Salón de actos - Museo de Belas Artes da Coruña

Dentro do ciclo Noites na Cidade Vella, a Fundación Rogelio Groba organiza un concerto familiar a cargo do Dúo Índigo, dúo integrado por Ana Ramón e Sergio Hernández.

Co título "O Carnaval dos Animais", será un concerto didáctico dirixido ao público familiar, para o desfrute de grandes e pequenos.

Entrada libre ata completar a capacidade do salón de actos.