CONCERTO ESPECIAL

15 de maio de 2015
-
20:30 horas
Tipo:
Prezo:
Gratuito
Lugar:
Salón de actos do museo
CONCERTO ESPECIAL "O PRIMEIRO PICASSO"

XOEL LÓPEZ

Venres 15 de maio | 20:30 horasSalón de actos do Museo de Belas Artes da CoruñaEntrada con invitación (por sorteo: no Facebook do museo e nas emisoras de radio locais)Aforo limitado: non se garantiza asentoCon motivo da celebración do Día Internacional dos Museos e da exposición "O primeiro Picasso. A Coruña 2015", o Museo de Belas Artes da Coruña organiza unha programación especial os próximos días 15, 16 e 17 de maio. O programa de actividades arranca o venres 15 de maio cun Concerto Especial "O primeiro Picasso", a cargo de Xoel López, como unha actividade promocional da mostra.Sorteo de entradas: * O Museo reparte 25 entradas dobles a través da súa páxina de Facebook aos acertantes dunha pregunta sobre a mostra que se publicará de luns a xoves ás 20 horas.* As emisoras de radio (Radio Voz, Cope, Ser e Onda Cero) reparten 15 entradas dobles. Requisitos dos gañadores:Os gañadores deberán facilitar o seu nome, apelidos e o DNI, que deberán mostrar no museo o día do concerto para poder acceder xunto cun acompañante.O concerto:Xoel López, que en 2013 recibíu o premio ao mellor artista indie polo seu disco Atlántico, regresa a súa cidade natal en solitario e en formato acústico. Avanzará cancións do seu próximo traballo, Paramales, que se publicará o 26 de maio.