CONFERENCIA: Unha experiencia en Bélxica. René Heyvaert
CONFERENCIA "Unha experiencia en Bélxica. René Heyvaert, de arquitecto a artista, na medida da vida", por Anne Heyvaert Xoves 15 de xuño de 2017, ás 20H * Actividade relacionada coa exposición "CALIFORNIA DREAMING. Unha fascinante historia da vivenda unifamiliar de baixo coste a través de dez insólitas biografías." RESUMO: A breve eradical dedicación de René Heyvaert (Gante, 1929-1984) á arquitectura de casas modernas de baixo coste (hoxe de referencia en Flandes) influíu sobre toda a súa obra artística. Para a que reivindica unha “arte nova” herdera das vangardas históricas, do constructivismo, aarte minimal, conceptual, pocera… “Tengo la ambición de cautivaros con poca cosa” escribe. Realiza debuxos eobxectos que trascenden a súa cotidianeidade e a súa soedade, con materiais encontrados, xestos simples e repetidos, precisión e humildade, namedida da súa vida. Con esta conferencia procuraráse observar os cruces conceptuais, formais e existenciais entre a súa arquitectura (seguidora entre outras das experiencias americanas de principio do século XX), a súa arte postal e a súa obra plástica en xeral. 
Conferenciante:
Anne Heyvaert é filla de René Heyvaert. Dedicou a súa tese doctoral ao estudio da súa particular arte postal, unha pequena faceta da súa extensa obra, multiforme e profundamente ligada ás súas circunstancias vitais así como á súa primeira vocación de arquitecto. Anne Heyvaert éartista e profesora na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.