A copia do natural. Obradoiro de debuxo
Taller de debuxo no que se fará un aproximación a esta técnica, e traballaranse distintos aspectos desta como a liña de trazado, a definición do contorno, a función do claroscuro, os tipos de perspectiva, pasando pola composición, o estudio anatómico e a representación do movemento, para rematar cun exercicio de copia do natural.Prazas limitadasSESIÓNS DO CURSO: Do 16 de maio ao 4 de xullo de 2014:Venres, de 18:30 a 20:00hsábados, de 12:00 a 13:30hRESERVA DE PRAZA*:. Desde esta web (premer aquí). Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)*NOTA: Prazas limitadas, por rigurosa orde de inscrición. Antes de realizar o pago da matrícula, o interesado deberá esperar a que se lle confirme a reserva de praza para poder facer o ingreso na conta que se lle comunicará nese intre. As datas do curso poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.