CURSO Cine e vangardas

Martes e xoves, do 8 de outubro ao 15 de decembro
-
de 18:30 a 20:00 h
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Monitor:
David Castro de Paz
Público:
Adulto
Prazas:
Prazas limitadas, con inscrici
Prezo:
15€ (Amigos Museo: 10€)
Lugar:
Salón de actos do museo

Continuando cos ciclos de cine, nos que se combinan as clases teóricas co visionado das películas, nesta ocasión farase un achegamento ás vangardas históricas no cine, sinaladamente á surrealista, á expresionista e á denominada vangarda soviética, e á súa relación coas artes plásticas e literarias.Prazas limitadas con inscrición previa.AS VANGARDIAS HISTÓRICO-ARTÍSTICAS NO CINE: SURREALISMO, EXPRESIONISMO E VANGARDA SOVIÉTICA.

Docente: David Castro de Paz.

Postgradoen Estudios teatrais e Audiovisuais pola Universidade da Coruña.

Contidos do curso

* Historia do Cine

1. As Vangardas dos anos 20-40, denominadas indistintamente“Históricas” e   “Artísticas”.

2.  Un cine de vangarda. O papel das vangardas

ž  Cinema de Vangarda Soviético

ž  Futurismo:

ž  Cinema Surrealista Francés

ž  Cinema Expresionista Alemán:

ž  Cine Impresionista ou Escola Impresionista

ž ¿Vangarda sen movemento? Filmes vangardistas de autores non inscritos en corrente algunha: O caso español.

* Visionado de filmes:

   (por cuestións de tempo,algún pode ser visto parcialmente)

Expresionismo: Las tres luces / Metrópolis, Fritz Lang; El Golem, de Paul Weneger; Misterios de un alma / Tres páginas de un diario, de W. Pabst; El hombre de los muñecos de cera / El hombre que ríe, de Paul Leni; Asfalto, de Joe May; Nosteratu / El último / Fausto, de F.W. Murnau.

Vangarda Soviética: El acorazado Potemkin / Octubre / La Línea General, Eisenstein; El hombre de la cámara, D. Vertov; La madre / El fin de San Petesburgo, V. Pudovkin; Aelita, de Protazanov.

Surrealismo: Un perro andaluz/  La edad de oro, de Luis Buñuel;  La Concha y el reverendo, de Antonin Artaud / Germaine Dullac; La sangre de un poeta / Orfeo, de Jean Cocteau. Meshes in the Afternoon de Maya Deren; Los misterios del Castillo de Dé, Man Ray.

RESERVA DE PRAZA*:. Desde esta web (premer aquí). Por correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.es . Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)*NOTA: Prazas limitadas, por rigurosa orde de inscrición. Antes de realizar o pago da matrícula, o interesado deberá esperar a que se lle confirme a reserva de praza para poder facer o ingreso na conta que se lle comunicará nese intre. As datas  do curso poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.