DEUTSCHER WERKBUND - Visitas Guiadas

febreiro - abril 2013
-
martes a venres, 12:30 - 20:00
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes
Monitor:
Educadores do Museo
Público:
Adulto
Prazas:
25 persoas por grupo max.
Prezo:
gratuíta
Lugar:
Museo de Belas Artes

100 ANOS DE ARQUITECTURA E DESEÑO EN ALEMAÑA.DEUTSCHER WERKBUND.

VISITAS GUIADAS PARA ASOCIACIÓNS, COLECTIVOS E GRUPOS ORGANIZADOS

A Deutscher Werkbund, xurdida en Alemaña en 1907, foi unha institución fundamental no desenvolvemento do deseño industrial de obxectos, da imaxe corporativa das empresas, da arquitectura moderna e do urbanismo na nosa era.

Ao longo de todo o século XX, e ata os nosos días, esta asociación entre os mundos da arte e da industria tivo unha enorme influencia na difusión de modelos urbanos, de edificios e de obxectos da vida cotiá que seguían os principios do deseño eficaz e o "bo gusto", a través das súas exposicións, publicacións e o seu labor didáctico. A Deutscher Werkbund foi pioneira, así mesmo, na apertura de debates en torno ao deseño das cidades e a ecoloxía.

A exposición  percorre a centenaria historia da Deutscher Werkbund a través dunha selección de case 500 obxectos entre carteis, maquetas, revistas, mobles, vaixelas, deseños, debuxos e fotografías.

GRUPOS Actividad dirixida a grupos organizados de adultos pertencentes a asociacións, colectivos, institucións e centros culturais, sociais e educativos. Tamén a grupos escolares de segundo ciclo da ESO, Bacharelato e Formación Profesional. (25 persoas máximo por grupo)

DATAS desde o 19 de febreiro ata o 26 de abril de 2013.

HORARIOS de martes a venres pola mañá (de 12:30 h. a 14:00 h.) e pola tarde (de 17.00 a 20:00 h)

DURACIÓN DA VISITA 45 minutos.

RESERVA

             Telefóno: 881 881 700, de luns a venres, de 9:00 a 15:00.

  E-mail: mu.belas.artes.difusion@xunta.es

             Web: http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=188

A ACTIVIDADE É GRATUITA