Día Internacional dos Museos

18 de maio de 2012
-
Xornada de portas abertas con visitas guiadas de 17.30 a 19.30 horas
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Público:
Xeral
Prezo:
gratuíto
Lugar:
Salas do museo

MUSEOS NUN MUNDO CAMBIANTENovos retos, novas inspiraciónsO lema do Día Internacional dos Museos 2012 é “Museos nun mundo cambiante. Novos retos, novas inspiracións”, polo que o Museo de Belas Artes da Coruña súmase a esta celebración co anuncio da súa incorpración ao mundo das redes sociais mediante a posta en marcha da páxina do museo en Facebook, que os animamos a visitar ademáis da xa consolidada web do museo.

               

Como todos os anos, o museo participa neste Día Internacional dos Museos cunha xornada de portas abertas e coa programación de visitas guiadas extraordinarias:17:30 - 19:30h_  OBRAS CON HISTORIA Percorrido temático destinado a todos aqueles visitantes que se acheguen ao Museo para facer una aproximación totalmente orixinal á súa colección permanente. Durante a visita o público gozará da contemplación dunha serie de obras significativas e pertencentes a diferentes épocas e estilos, para coñecer a súa orixe, significado e función, facendo un especial fincapé na súa historia particular, desde que foron creadas ata que chegaron ao Museo.Acceso libre e gratuito. Punto de encontro na entrada do museo ao comenzo de cada visita.Pases: 17:30 h, 18:00 h, 18:30 h, 19:00 h e 19:30 h.Do mesmo xeito, durante a xornada poderanse visitar as exposcións temporais que ofrece o museo, como a presentación dos Novos depósitos do Museo Nacional del Prado, a mostra fotográfica Cámara Barroca ou a colección de litografías realizadas por Ali Ali pertencentes ao libro Suleiman e Salúa a partir do cal se desenvolve un obradoiro de grabado para rapaces.desenvolveránse tamén as actividades da programación anual do museo así como outras especiais concertadas para ese día:17:00 -18:30 h_ Visita especial. A Fundación Juan Soñador concertou unha visita na que se lles mostrará o contido do museo mediante un percorrido guiado ás coleccións que finalizará coa relaización dun obradoiro de gravado para introducilos nesta interesante técnica. 18:30 - 20:30 h_ A copia do natural. Obradoiro de debuxo impartido por Xavier Correa Corredoira no que se fará unha aproximación a esta técnica, e traballaranse distintos aspectos desta como a liña de trazado, a definición do contorno, a función do claroscuro, os tipos de perspectiva, pasando pola composición, o estudio anatómico e a representación do movemento, para rematar cun exercicio de copia do natural.

Este ano a comunidade museística mundialcelebra os 35 anos do Día Internacional dos Museos arededor do 18 de maio de 2012.En 1977 o Consello Internacional de Museos (ICOM) instaurou o Día Internacional dos Museos para sensibilizar o público sobre o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade. Dende entón, o evento benefíciase dunha popularidade crecente. En 2011, o Día Internacional dos Museos viu unha participación récord duns 30.000 museos que organizaron animacións en máis de 120 países.