DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

18 de maio de 2014
-
Xornada de portas abertas, de 10:00 a 14:00 horas
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Público:
Xeral. Entrada libre
Prezo:
de balde
Lugar:
Museo de Belas Artes da Coruña

MUSEOS: AS COLECCIÓNS CREAN CONEXIÓNS

Domingo, 18 de maio de 2014

Como todos os anos, o museo participa neste Día Internacional dos Museos cunha xornada de portas abertas de 10 a 14 horas e coa seguinte programación:

10:00 - 14:00h  Exposción temporal "Dionisio Tasende. De homes... e mulleres. Fotografías 1955-1979".

11:30 - 12:30h  Visita guiada Obras con historia Percorrido temático destinado a todos aqueles visitantes que se acheguen ao Museo para facer unha aproximación totalmente orixinal á colección permanente. Durante a visita o público gozará da contemplación dunha serie de obras significativas e pertencentes a diferentes épocas e estilos, para coñecer a súa orixe, significado e función, facendo un especial fincapé na súa historia particular, desde que foron creadas ata que chegaron ao Museo.Acceso libre e gratuito. Punto de encontro na entrada do museo ao comenzo da visita.

12:00 - 14:00 h Concerto e Visita guiada

12:00 h Concerto Sophia Hase & Eduardo Ponce  Atlantis Piano Dúo

Este concerto celébrase dentro do XIV ciclo de Música para unha época, no que se combina a música dunha determinada época coa visita guiada á sala do museo correspondente co mesmo período histórico, establecendo así un paralelismo entre a música e a pintura. Nesta ocasión escoitaremos música do século XX.Entrada libre ata completar aforamento

 

PROGRAMA DO CONCERTO

Recital para piano a 4 mans

 

PrimeIra parte

El Mandarín maravilloso op.19                    Béla BARTÓK (1881–1945) 

Pantomima en un acto       

 

Segunda parte

Consagración daprimavera                          Igor STRAVINSKY (1882–1971)

Cadros da Rusia pagana en dúas partes

 

I  Adoración da tierra

Introducción (Lento)

Os augurios primaverais

Danza das adolescentes

Xogo do rapto

Rondas primaverais

Xogos das tribus rivais

Procesión do sabio-adoración da terra –

O Sabio

Danza da terra

 

II O sacrificio

Introducción

Círculo misterioso das adolescentes

Glorificación da elexida

Evocación dos antepasados

Acción ritual dos anciáns

Danza sagrada da elexida

 

13:15 h Visita guiada O século XX

Como complemento ao concerto, ao finalizar nos achegaremos á sala do museo para xpñecer a arte desa época.

Acceso libre.