Do Audible
Domingo 2 de xuño de 2013
-
Tipo:
Organiza:
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Público:
Adulto
Lugar:
Salón de actos do museo

domingo 2 de xuño ás 12:00 hMuseo de Belas Artes da Coruña,
Palabras, palabras, palabras... (conferencia + concerto)
Emilio Lede (musicólogo) Maite Dono (poeta)
Vertixe Sonora Ensemble
O programa de Palabras, palabras, palabras… aborda as posibilidades da oralidade como elemento de construción do discurso musical. Serán as resonancias fónicas, as inflexións da fala ou do recitado poético, o ritmo do poeta ou a súa entonación, os fíos dos que se derive o xogo de sonoridades que sustenta a trama musical nas partituras seleccionadas.
A lingua materna como orixe da acentuación rítmico-melódica na música instrumental, as inflexións da fala e dos seus rexistros dialectais como fundamento do canto, así como os variados territorios que median entre ambas serán pontóns que recorreremos de vagar.
A sesión, ademais da introdución do musicólogo Emilio Lede, contará coa participación da poeta e cantante Maite Dono, que descifrará as claves da súa creación literaria completando o cadro no que palabra e son se combinan para estimular a nosa sensibilidade. Maite Dono tamén prestará a súa voz nalgunha das pezas interpretadas no concerto.
PROGRAMA
Peter Ablinger (Schwanenstadt, Austria, 1959)
Voces e piano/ Bertolt Brecht (2012)
piano e cinta
Arturo Fuentes (México DF, 1975)
Lembranzas do baleiro (2012)
voz, saxofón baixo, electrónica e vídeo
Peter Ablinger (Schwanenstadt , Austria, 1959)
Voces e piano/ Mila Haugová (2012)
piano e cinta
Fran MM Cabeza de Vaca (As Palmas, 1976)
cidade a / cidade b / cidade ce até o zeta (retail, wholesale) (2013)
guitarra eléctrica, saxo baixo, percusión e electrónica a partir de gravacións urbanas de Kamen Nedev (Acoustic Mirror) e textos orixinais e voz en cinta: María Salgado
Peter Ablinger (Schwanenstadt, Austria, 1959)
Voces e piano/Hanna Schygulla (2012)
piano e cinta
VERTIXE SONORA ENSEMBLE
Maite Dono voz/ Pablo Coello saxofón baixo/ Rubén Barros guitarra eléctrica/ Diego Ventoso percusión/ David Durán piano/ Ángel Faraldo electrónica e difusión multimedia __________________________________________________________________________A música contemporánea dialoga coa arte, coa ciencia e co pensamento no Ciclo de Concertos Do Audible[23/05/2013] A través de catro sesións, Do Audible ofrece propostas musicais de vangarda que interaccionan con diferentes campos da expresión e do pensamento, como a palabra, o visual, a natureza e a arquitectura.
A música en diálogo coa arte, coa ciencia e co pensamento contemporáneos é o eixo arredor do que se configura ‘Do Audible’, unha nova proposta na programación cultural galega que chega da man da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e de Vertixe Sonora Ensemble.Este ciclo de catro concertos percorrerá as cidades da Coruña, de Ourense, de Pontevedra e de Lugo nos meses de xuño e de novembro cunha programación que ofrece un novo espazo de achegamento á música de creación actual en diálogo con outros campos da expresión e do pensamento, particularmente coa palabra, coa ciencia da percepción visual, coa natureza e coa arquitectura.A primeira parada do ciclo será o 2 de xuño no Museo de Belas Artes da Coruña, onde foi presentado esta mañá polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e polo director artístico de Vertixe Sonora Ensemble, Ramón Souto. "Do Audible –afirmou Anxo Lorenzo– constitúe unha oportunidade de achegármonos á música de hoxe cunha serie de alicientes que van facer destas sesións unha programación que transcende o propio concepto de concerto".A directora do museo, Ángeles Penas, tamén participou no acto de presentación, que contou coa actuación en directo do músico de Vertixe Sonora Rubén Barros.Innovar e investigar arredor da arte sonoraNo aspecto musical, o secretario xeral destacou do ciclo a oferta de obras, en moitos casos en primicia en Galicia, todas elas da autoría de creadores novos, que achegan "unha perspectiva singular do feito sonoro desde a experimentación e a busca de novas formas". "As súas propostas –engadiu– son unha maneira de probar, de innovar e de investigar, é dicir, de contribuír ao desenvolvemento estético e técnico da arte sonora".Cada concerto organízase arredor dun foco temático e vai precedido dunha charla introdutoria que conta coa complicidade de relevantes personalidades do ecosistema cultural galego, que achegarán perspectivas de interpretación do feito musical enriquecedoras para os oíntes. Neste sentido, o secretario xeral amosouse convencido de que "van xurdir proxectos e ideas novas a partir do encontro persoal e artístico entre todos os axentes que van confluír nas distintas sesións programadas".A interpretación musical do ciclo vén da man de Vertixe Sonora Ensemble, un dos colectivos máis destacados na súa aposta pola nova música contemporánea e polo diálogo e a confluencia entre a música e as artes, do que forman parte artistas como Rubén Barros (guitarra eléctrica), Pablo Coello (saxo), Ángel Faraldo (electrónica), David Durán (piano), Diego Ventoso (percusión) ou Carlos Méndez (contrabaixo).Puntos de encontro entre a música, a arte, a ciencia e o pensamentoA primeira sesión, Palabras, palabras, palabras..., aborda as posibilidades da oralidade como elemento de construción do discurso musical. O Museo de Belas Artes acollerá este concerto o día 2 de xuño ás 12:00 horas, que contará coa introdución do musicólogo Emilio Lede e coa participación da cantante e poeta Maite Dono.O segundo concerto, Visións sonoras, fai un percorrido polas relacións entre a música e as artes visuais. Para isto, chama a atención sobre a omnipresenza de produtos audiovisuais na experiencia perceptiva, que conviven con imaxes da cultura e produción sonora. Para reflexionar sobre a posible orixe desta mediación, a sesión, que se desenvolverá o 19 de xuño no Liceo de Ourense, contará coa participación do profesor José Antonio Lamas, do Departamento de Neurociencia da Universidade de Vigo.Xa no mes de novembro, o día 6 ás 20:00 horas, a Facultade de Belas Artes de Pontevedra acollerá a terceira sesión do ciclo Do Audible. A relación entre a música e a natureza centrarán o programa de O son natural, que presentará obras moi vinculadas ao land art, como Earth, do ruso Alexander Dhubeev, ou ás estacións entendidas como ciclos temporais, de Jacobo Gaspar. Nesta ocasión será o artista Fernando Casás quen describa as interrelacións entre a práctica artística e a contorna natural.A sesión Ouvir o espazo pechará o ciclo Do Audible o día 13 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa do Saber, en Lugo, cun programa que contará coa participación do arquitecto Alfredo Sirvent, quen abordará a configuración arquitectónica dos espazos de recepción da música.Difusión da nova creación musicalCon esta programación, a Secretaría Xeral de Cultura ofrece un novo espazo de achegamento á música e ás expresións contemporáneas cunha programación desenvolvida en distintas cidades de Galicia que permite construír novas experiencias destinadas ao público xeral. Do Audible responde, así, á necesidade de divulgar e achegarlle as propostas sonoras dos creadores máis novos á cidadanía galega.