Énchete de cor no Museo de Belas Artes!
Enchete de cor no Museo de Belas Artes!
Como cada ano, o Museo de Belas Artes organiza os obradoiros de verán no mes de xullo: Nesta ocasión presentamos unha actividade de verán para explorar as obras do Museo e promover a creatividade e a experimentación plástica. Mergullados nun mar de liñas, formas e cor gozaremos collendo o pincel, facendo trazos, enchendo de cor, xogando e divertíndonos.
Quendas: do 5 ao 8 de xullo, do 12 ao 15 de xullo, do 19 ao 22 de xullo ou do 26 ao 29 de xullo.
Prazas: 15 rapaces en cada quenda, en grupos heteroxéneos
Idades: entre 6 anos cumplidos a 12 anos.
Duración: de martes a venres en sesións diarias de 10.30h – 13.00h.
Monitores: Crearte (Merce Carballo e Luis Cousillas)
RESERVA DE PRAZA: . Desde esta web (premer aquí). Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)*NOTA: As prazas son limitadas, por rigurosa orde de inscrición, polo que unha vez solicitada a reserva de praza na actividade é necesario recibir a confirmación por parte do museo. Estas datas poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.