ESCULTURA EN MOVEMENTO

XULLO 2010
-
De martes a venres de 10.30 A 13:30 -
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes Coruña - Crearte
Monitor:
Crearte
Público:
para rapaces e rapazas de 6 a 12 anos
Prazas:
15 cada semana
Prezo:
Gratuíto (previa inscrición)
Lugar:
Museo de Belas Artes da Coruña

ESCULTURA EN MOVEMENTO                          OBRADOIRO INFANTIL DE VERÁN                                                                                                                     CONTIDOS:Un ano máis o Museo de Belas Artes da Coruña organiza campamentos de verán no mes de xullo co obxectivo de acercar dun xeito lúdico a arte os rapaces e rapazas. Nesta ocasión vaise traballar coas esculturas da colección feitas por Asorey, Leiro, Manolo Paz, Silverio Rivas, Jesús Valverde, Isidoro Brocos ou Cristino Mallo. Por medio delas coñeceranse os materiais, as técnicas, as texturas, as formas... Mais tamén espazos de acceso restrinxido como o obradoiro de restauración ou os almacéns.  Durante os catro días que dura a actividade experimentarse co barro, desenvolveranse habilidades, manexaranse materiais e procesos utilizados na escultura clásica e contemporánea, e empregarase a expresión corporal como ferramenta creativa. DESTINATARIOS:Rapaces e rapazas de 6 a 12 anos.DATAS:     - Do 6 ao 9 de xullo (1ª quenda)- Do 13 ao 16 de xullo (2ª quenda)- Do 20 ao 23 de xullo (3ª quenda)- Do 27 ao 30 de xullo (4ª quenda)HORARIO:- DE MARTES A VENRES DE 10:30 A 13:30A actividade e gratuíta, sendo necesaria a inscrición previa polos seguintes medios:- Teléfono - 981 223 723- E-mail - mu.belas.artes.difusion@xunta.es

Documentos:
Anexo Tamaño
Obradoiro de verán 6.66 MB