Eugenia Osterberger. Compositora galega. Concerto e semblanza biográfica

Xoves, 3 de abril de 2014
-
18:00h
Tipo:
Organiza:
Casa-Mu­seo Emilia Pardo Bazán en colaboración
Público:
Xeral. Entrada libre
Lugar:
Salón de actos do museo

 

A Casa-Mu­seo Emilia Pardo Bazán organiza esta actividade, por primeira vez fóra da súa sede e en colaboración co Museo de Belas Artes, coa que pretende recoñecer a figura de Eugenia Osterberger e aproximar ao público a súa vida, produción musical e signifi­cación histórica dándolle a relevancia que merece.

Rosario Martínez, investigadora, fará a semblanza biográfica. Beatriz López-Sue­vos Hernández, pianista, analizará a súa obra e a súa relevancia na creación musical galega da época. Susana de Lorenzo, soprano, daralle voz as com­posicións selecionadas.

Folleto (pdf)

Documentos:
Anexo Tamaño
Osterberger_def.pdf 1.41 MB