IntercambiArte con nós

do 20 ao 30 de abril de 2018
-
de 9:30 a 14:30 horas, de luns a venres
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Público:
Adulto
Lugar:
Biblioteca do museo

Día Internacional do Libro

IntercambiArte con nós

Lugar: Biblioteca do museo

Data: 20 - 30 de abril de 2018

Hora: a partires das 12:00h do venres 20 de 9:30 a 14:30 horas

Organiza: Biblioteca do Museo de Belas Artes

Con motivo da celebración do “Día Internacional do Libro 2018”, a biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña organiza a partir deste venres 20 de abril unha nova actividade chamada "IntercambiArte con nós". Con esta iniciativa, habitual entre bibliotecas, ofrécese ahora ao público en xeral a posibilidade de conseguir exemplares dos catálogos das exposicións e publicacións do Museo de Belas Artes, que se poderán recoller na propia biblioteca a cambio de contribuír coa achega doutros catálogos ou publicacións relacionadas coas áreas temáticas da  biblioteca (arte, patrimonio cultural, restauración e conservación, lexislación cultural, museoloxía, didáctica...). As publicacións que ofrece a biblioteca son: publicacións  Agradecemos que consulten previamente o noso catálogo para  contribuir con  publicacións que non teñamos na biblioteca: acceso ao catálogoPara participar nesta actividade poderán dirixirse á Biblioteca do Museo de Belas Artes no horario habitual da biblioteca, de 9:30 a 14:30 h., de luns a venres

Para máis información:

Museo de Belas Artes da Coruña. Biblioteca

Zalaeta, 2. 15002 A Coruña

T: 881 881 700

e-mail: mu.belas.artes.biblioteca@xunta.gal

web: http://museobelasartescoruna.xunta.gal

facebook: https://www.facebook.com/Museo-de-Belas-Artes-da-Coruña-132060186921898/

twitter: https://twitter.com/museobelasartes