IntercambiArte con nós
Día Internacional do Libro
IntercambiArte con nós 
Lugar: Biblioteca do museo
Datas: 23 - 30 de abril de 2019
Hora: a partires das 12:00h do martes 23 de 9:30 a 14:30 horas, de luns a venres
Organiza: Biblioteca do Museo de Belas Artes
Con motivo da celebración do “Día Internacional do Libro 2019”, a biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña organiza de novo a partir deste martes 23 de abril a actividade chamada "IntercambiArte con nós". Con esta iniciativa, habitual entre bibliotecas, ofrécese ahora ao público en xeral a posibilidade de conseguir exemplares dos catálogos das exposicións e publicacións do Museo de Belas Artes, que se poderán recoller na propia biblioteca a cambio de contribuír coa achega doutros catálogos ou publicacións relacionadas coas áreas temáticas da biblioteca (arte, patrimonio cultural, restauración e conservación, lexislación cultural, museoloxía, didáctica...). As publicacións que ofrece a biblioteca son: publicacións Agradecemos que consulten previamente o noso catálogo para contribuir con publicacións que non teñamos na biblioteca: acceso ao catálogoPara participar nesta actividade poderán dirixirse á Biblioteca do Museo de Belas Artes no horario habitual da biblioteca, de 9:30 a 14:30 h., de luns a venres
Para máis información:
Museo de Belas Artes da Coruña. Biblioteca
Zalaeta, 2. 15002 A Coruña
T: 881 881 700