Introdución á técnica do dourado tradicional

Do 11 de maio ao 8 de xuño
-
Martes e xoves de 18:00 a 20:00
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Monitor:
Ángeles Galán e Ana Camiñas
Público:
Adultos
Prazas:
15
Prezo:
20 € (Amigos do museo 15 €
Lugar:
Foro do museo

O dourado tradicional é unha técnica antiga que ten infinidade de aplicacións e pódense realizar en diferentes soportes: desde esculturas a caixas, marcos, mobles e espellos. Neste curso monográfico ensinaranse as técnicas de dourado tradicional con ouro fino: imprimación, estucado, embolado, colocación do ouro fino, bruñido e vernizado.

RESERVA DE PRAZA :

. Desde esta web (premer aquí)

. Chamando ao museo, tlf: 981 223 723 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)

*NOTA: Prazas limitadas, por rigorosa orde de inscrición. Para inscribirse nos obradoiros que requiran o pago de matrícula, o interesado deberá confirmar a reserva de praza antes de facer o ingreso na conta correspondente. Estas datas poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.