LecturArte. Club de lectura. Outono 2025
· LecturArte Tardes: Mércores, 24 setembro, 15 outubro, 19 novembro, 17 decembro de 2025
A Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña presenta a terceira edición de LecturArte, o club de lectura organizado desde o museo.
LecturArte é un lugar de encontro para lectores/as curiosos/as sobre o tema da arte, a través da lectura e comentario de novelas ambientadas no mundo da arte, que teñen como protagonistas a artistas ou que presentan cuestións interesantes relacionadas co tema.
Grupo Mañá: Martes, 16 setembro, 7 outubro, 11 novembro, 9 decembro de 2025 de 11:00 a 13:00 horas
Grupo Tarde: Mércores, 24 setembro, 15 outubro, 19 novembro, 17 decembro de 2025 de 18:00 a 20:00 horas
Funcionamento:
- Breve presentación do autor/a e da obra por parte da coordinadora. Ambientación da novela e análise literaria.
- Comentario da obra polos participantes a través de roldas de preguntas, ideas que xurdisen durante a lectura individual.
- Recomendacións doutros títulos de interese.
Títulos*:
- Obra maestra de Juan Tallón
- La musa oscura de Armin Öhri
- La utilidad de lo inútil: manifiesto de Nuccio Ordine
* Os títulos están suxeitos á dispoñibilidade na Rede de Bibliotecas de Galicia (RBG), polo que podería haber algún cambio.
Calendario:
Grupo Mañá:
- 16 de setembro: breve presentación da actividade e entrega en préstamo dos exemplares da primeira lectura: Obra maestra de Juan Tallón.
- 7 de outubro: Lectura e comentario de Obra maestra de Juan Tallón e entrega dos exemplares da segunda lectura.
- 11 de novembro: Lectura e comentario da segunda lectura e entrega dos exemplares da terceira.
- 9 de decembro: Lectura e comentario da terceira lectura.
Grupo Tarde:
- 24 de setembro: breve presentación da actividade e entrega en préstamo dos exemplares da primeira lectura: La musa oscura de Armin Öhri.
- 15 de outubro: Lectura e comentario de La musa oscura de Armin Öhri e entrega dos exemplares da segunda.
- 19 de novembro: Lectura e comentario da segunda lectura e entrega dos exemplares da terceira .
- 17 de decembro: Lectura e comentario da terceira lectura.
INSCRICIÓN COMPLETA
- Reserva de praza:
Inscrición online exclusivamente mediante o formulario dispoñible nesta páxina, a partir do 8 de setembro ás 10 horas.
- Pago da matrícula:
Unha vez confirmada a praza por email, efectuar o pago da matrícula ingresando o importe no número de conta (ABANCA ES12 2080 0000 7030 4014 7145) e enviar o resgardo do pago ao email actividades.museobelasartes.coruna@xunta.gal.
- Para máis información:
Para calquera consulta ou aclaración, poden chamar ao teléfono: 881 881 700 de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.