LecturArte. Club de lectura. Outono 2026

· LecturArte Mañás: Martes, 15 setembro, 13 outubro, 10 novembro, 15 decembro de 2026
· LecturArte Tardes: Mércores, 23 setembro, 21 outubro*, 18 novembro, 16 decembro de 2026
-
Martes, de 11:00 a 13:00h
Mércores, de 18:00 a 20:00h
Este formulario aínda non foi aberto a envíos.
Tipo:
Organiza:
Biblioteca do Museo de Belas Artes do Museo
Monitor / Docente:
Cecilia Monllor
Público:
Adulto
Prazas:
Limitadas, previa inscrición
Lugar:
Salón de actos · Museo de Belas Artes da Coruña

A Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña presenta a cuarta edición de LecturArte, o club de lectura organizado desde o museo.

LecturArte é un lugar de encontro para lectores/as curiosos/as sobre o tema da arte, a través da lectura e comentario de novelas ambientadas no mundo da arte, que teñen como protagonistas a artistas ou que presentan cuestións interesantes relacionadas co tema.

Grupo Mañá: Martes, 15 setembro, 13 outubro, 10 novembro, 15 decembro de 2026 de 11:00 a 13:00 horas 
Grupo Tarde: Mércores, 23 setembro, 21 outubro*, 18 novembro, 16 decembro de  2026, de 18:00 a 20:00 horas
(*21 de outubro de 17:00 a 19:00 horas)


Funcionamento:

  • Breve presentación do autor/a e da obra por parte da coordinadora. Ambientación da novela e análise literaria.
  • Comentario da obra polos participantes a través de roldas de preguntas, ideas que xurdisen durante a lectura individual.
  • Recomendacións doutros títulos de interese.

Títulos*:

  • El señor Wilder y yo, de Jonathan Coe.
  • El vestido azul, de Michèle Desbordes
  • La utilidad de lo inútil: manifiesto de Nuccio Ordine

 * Os títulos están suxeitos á dispoñibilidade na Rede de Bibliotecas de Galicia (RBG) e nas Bibliotecas Municipais da Coruña, polo que podería haber algún cambio.

Calendario:

Grupo Mañá:

  • 15 de setembro: breve presentación da actividade e entrega en préstamo dos exemplares da primeira lectura: El señor Wilder y yo, de Jonathan Coe.
  • 13 de outubro: Lectura e comentario de El señor Wilder y yo, de Jonathan Coe, e entrega dos exemplares da segunda lectura.
  • 10 de novembro: Lectura e comentario da segunda lectura e entrega dos exemplares da terceira.
  • 15 de decembro: Lectura e comentario da terceira lectura.

Grupo Tarde:

  • 23 de setembro: breve presentación da actividade e entrega en préstamo dos exemplares da primeira lectura: El vestido azul, de Michèle Desbordes.
  • 21 de outubro (de 17:00 a 19:00 horas): Lectura e comentario de El vestido azul, de Michèle Desbordes, e entrega dos exemplares da segunda.
  • 18 de novembro: Lectura e comentario da segunda lectura e entrega dos exemplares da terceira .
  • 16 de decembro: Lectura e comentario da terceira lectura.
Inscrición:
  • Reserva de praza:

Inscrición online exclusivamente mediante o formulario dispoñible nesta páxina, a partir do mércores 9 de setembro ás 10 horas.

  • Inscrición:

O envío do formulario non garantiza a reserva de praza. Unha vez cuberto, recibirá un email por parte do Museo para formalizar a inscrición.

No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza para que poidan asistir outras persoas.

  • Para máis información:

Para calquera consulta ou aclaración, poden chamar ao teléfono: 881 881 700 de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.