LecturArte. Club de lectura. Primavera 2026
· LecturArte Tardes: Mércores, 18 marzo, 22 abril, 20 maio, 17 xuño de 2026
A Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña presenta a cuarta edición de LecturArte, o club de lectura organizado desde o museo.
LecturArte é un lugar de encontro para lectores/as curiosos/as sobre o tema da arte, a través da lectura e comentario de novelas ambientadas no mundo da arte, que teñen como protagonistas a artistas ou que presentan cuestións interesantes relacionadas co tema.
Grupo Mañá: Martes, 10 marzo, 14 abril, 12 maio, 9 xuño de 2026, de 11:00 a 13:00 horas - COMPLETO
Grupo Tarde: Mércores, 18 marzo, 22 abril, 20 maio, 17 xuño de 2026, de 18:00 a 20:00 horas - COMPLETO
Funcionamento:
- Breve presentación do autor/a e da obra por parte da coordinadora. Ambientación da novela e análise literaria.
- Comentario da obra polos participantes a través de roldas de preguntas, ideas que xurdisen durante a lectura individual.
- Recomendacións doutros títulos de interese.
Títulos*:
- El maestro del Prado y las pinturas proféticas, de Javier Sierra.
- Diego y Frida: una gran historia de amor en tiempos de la revolución, de J.M.G. Le Clézio.
- El retrato de casada, de Maggie O'Farrell
* Os títulos están suxeitos á dispoñibilidade na Rede de Bibliotecas de Galicia (RBG) e nas Bibliotecas Municipais da Coruña, polo que podería haber algún cambio.
Calendario:
Grupo Mañá:
- 10 de marzo: breve presentación da actividade e entrega en préstamo dos exemplares da primeira lectura: El maestro del Prado y las pinturas proféticas, de Javier Sierra.
- 14 de abril: Lectura e comentario de El maestro del Prado y las pinturas proféticas, de Javier Sierra, e entrega dos exemplares da segunda lectura.
- 12 de maio: Lectura e comentario da segunda lectura e entrega dos exemplares da terceira.
- 9 de xuño: Lectura e comentario da terceira lectura.
Grupo Tarde:
- 18 de marzo: breve presentación da actividade e entrega en préstamo dos exemplares da primeira lectura: Diego y Frida: una gran historia de amor en tiempos de la revolución, de J.M.G. Le Clézio.
- 22 de abril: Lectura e comentario de Diego y Frida: una gran historia de amor en tiempos de la revolución, de J.M.G. Le Clézio, e entrega dos exemplares da segunda.
- 20 de maio: Lectura e comentario da segunda lectura e entrega dos exemplares da terceira .
- 17 de xuño: Lectura e comentario da terceira lectura.
INSCRICIÓN COMPLETA
- Reserva de praza:
Inscrición online exclusivamente mediante o formulario dispoñible nesta páxina, a partir do mércores 4 de marzo ás 10 horas.
- Inscrición:
A inscrición será efectiva cando reciban a confirmación da praza por email, (actividades.museobelasartes.coruna@xunta.gal).
- Para máis información:
Para calquera consulta ou aclaración, poden chamar ao teléfono: 881 881 700 de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.