LecturArte. Clube de lectura
A Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña presenta LecturArte, o primeiro clube de lectura organizado desde o museo, en colaboración coa Asociación de Amigos.
LecturArte é un lugar de encontro para lectores/as curiosos/as sobre o tema da arte, a través da lectura e comentario de novelas ambientadas no mundo da arte, que teñen como protagonistas a artistas ou que presentan cuestións interesantes relacionadas co tema.
Organiza: Biblioteca do Museo de Belas Artes en colaboración coa Asociación de Amigos
Coordina: Cecilia Monllor
Destinatarios: lectores/as con intereses literarios e paixón polo mundo da arte. Sen límite de idade
Grupo 1: Mércores 18 de setembro, 9 de outubro, 13 de novembro e 11 de decembro de 2024, de 18:00 a 20:00h
NOVIDADE
Grupo 2: Martes 15 de outubro, 19 de novembro, 17 de decembro e 21 de xaneiro de 2025, de 11:00 a 13:00 horas
Funcionamento:
Breve presentación do autor/a e da obra por parte da coordinadora. Ambientación da novela e análise literaria.
Comentario da obra polos participantes a través de roldas de preguntas, ideas que xurdisen durante a lectura individual.
Recomendacións doutros títulos de interese.
Calendario e títulos:
Grupo 1:
- 18 de setembro: presentación da actividade e entrega dos exemplares da lectura do mes de outubro.
- 9 de outubro: Lectura e comentario de Charlotte de David Foenkinos (biografía de artistas).
- 13 de novembro: Lectura e comentario de La liebre con ojos de ámbar: una herencia oculta de Edmundo de Waal (coleccionismo e arte).
- 11 de decembro: Lectura e comentario de Lo que queda de luz de Tessa Hadley (artistas e galerías de arte).
Grupo 2:
- 15 de outubro: presentación da actividade e entrega dos exemplares da lectura do mes de novembro.
- 19 de novembro: Lectura e comentario de Charlotte de David Foenkinos (biografía de artistas).
- 17 de decembro: Lectura e comentario de La liebre con ojos de ámbar: una herencia oculta de Edmundo de Waal (coleccionismo e arte).
- 21 de xaneiro de 2025: Lectura e comentario de Lo que queda de luz de Tessa Hadley (artistas e galerías de arte).
APERTURA INSCRICIÓN 2º GRUPO: XOVES 3 DE OUTUBRO ÁS 10:00H.
- Reserva de praza:
Inscrición online exclusivamente mediante o formulario dispoñible nesta páxina, a partir do 4 de setembro ás 10 horas.
- Pago da matrícula:
Unha vez confirmada a praza por email, efectuar o pago da matrícula ingresando o importe no número de conta (ABANCA ES12 2080 0000 7030 4014 7145) e enviar o resgardo do pago ao email actividades.museobelasartes.coruna@xunta.gal.
- Para máis información:
Para calquera consulta ou aclaración, poden chamar ao teléfono: 881 881 700 de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.