LecturArte. Clube de lectura

· LecturArte Tardes: Mércores: 12 marzo, 9 abril, 14 maio, 11 xuño de 2025
· LecturArte Mañás: Martes, 18 marzo, 22 abril, 20 maio, 17 xuño de 2025
-
Mércores, de 18:00 a 20:00h
Martes, de 11:00 a 13:00h
Sentímolo ... Este formulario está pechado a novos envíos.
Tipo:
Organiza:
Biblioteca do Museo de Belas Artes
Monitor / Docente:
Cecilia Monllor
Público:
Adulto
Prazas:
Limitadas, previa inscrición : *COMPLETO*
Prezo:
15,00€ (Amigos do Museo: 12,00€)
Lugar:
Salón de actos

A Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña presenta a segunda edición de LecturArte, o clube de lectura organizado desde o museo.

LecturArte é un lugar de encontro para lectores/as curiosos/as sobre o tema da arte, a través da lectura e comentario de novelas ambientadas no mundo da arte, que teñen como protagonistas a artistas ou que presentan cuestións interesantes relacionadas co tema.

Organiza: Biblioteca do Museo de Belas Artes

Coordina: Cecilia Monllor

Destinatarios: lectores/as con intereses literarios e paixón polo mundo da arte. Sen límite de idade

Grupo Tarde: Mércores 12 de marzo, 9 de abril, 14 de maio, 11 de xuño de 2025, de 18:00 a 20:00h

Grupo Mañá: Martes 18 de marzo, 22 de abril, 20 de maio, 17 de xuño de 2025, de 11:00 a 13:00 horas


Funcionamento:

· Breve presentación do autor/a e da obra por parte da coordinadora. Ambientación da novela e análise literaria.
· Comentario da obra polos participantes a través de roldas de preguntas, ideas que xurdisen durante a lectura individual.
· Recomendacións doutros títulos de interese.

 

Títulos*:

  • El retrato de Dorian Grey, de Oscar Wilde
  • El infinito en un junco, de Irene Vallejo
  • El nervio óptico, de María Gainza

     * Os títulos están suxeitos á dispoñibilidade na Rede de Bibliotecas de Galicia (RBG), polo que podería haber algún cambio.

 

Calendario:

Grupo Tarde:

  • 12 de marzo: breve presentación da actividade e entrega en préstamo dos exemplares da primeira lectura: El retrato de Dorian Grey, de Oscar Wilde.
  • 9 de abril: Lectura e comentario de El retrato de Dorian Grey, de Oscar Wilde e entrega dos exemplares da segunda lectura.
  • 14 de maio: Lectura e comentario da segunda lectura e entrega dos exemplares da terceira lectura.
  • 11 de xuño: Lectura e comentario da terceira lectura.

Grupo Mañá:

  • 18 de marzo: breve presentación da actividade e entrega en préstamo dos exemplares da primeira lectura: El infinito en un junco, de Irene Vallejo.
  • 22 de abril: Lectura e comentario de El infinito en un junco, de Irene Vallejo e entrega dos exemplares da segunda lectura.
  • 20 de maio: Lectura e comentario da segunda lectura e entrega dos exemplares da terceira lectura.
  • 17 de xuño: Lectura e comentario da terceira lectura.

 

Inscrición:
  • Reserva de praza: *PRAZAS ESGOTADAS*

Inscrición online exclusivamente mediante o formulario dispoñible nesta páxina, a partir do 6 de marzo ás 10 horas.

  • Pago da matrícula:

Unha vez confirmada a praza por email, efectuar o pago da matrícula ingresando o importe no número de conta (ABANCA ES12 2080 0000 7030 4014 7145) e enviar o resgardo do pago ao email actividades.museobelasartes.coruna@xunta.gal.

  • Para máis información:

Para calquera consulta ou aclaración, poden chamar ao teléfono: 881 881 700 de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.

Documentos:
Anexo Tamaño
LecturArte 2025 767.44 KB